Ayllon - El Pueblo Español
        VOLVER

As Orixes do “Poble Espanyol”

O “Poble Espanyol”, está situado ao pé da montaña de Montjuïc. É unha acuarela das distintas aldeas e culturas de España, Cataluña, Galicia e o País Vasco, que se representan en rúas e prazas, monumentos e edificios.

Construído no 1929, no marco da Exposición İnternacional de Barcelona, é a única iniciativa destas características que resistiu ao paso dos anos.

MONTJUÏC: PALACİO NACİONAL. ESTADİO OLÍMPİCO E O “POBLE ESPANYOL”
RECİNTO DO “POBLE ESPANYOL”

Non naceu como o fan outras aldeas, dunha maneira espontánea, senón que se planeou ata os mínimos detalles. Cada centímetro cadrado foi obxecto dun profundo estudo, pero neste traballo científico é necesario sumar unha inmensa dose de amor. Destinado a ser un complemento do Palacio Nacional ou da arte antiga, cegou, pola súa gran orixinalidade, a todos aqueles que os visitaron. Desde a súa inauguración, o 20 de maio do 1929, presidida polos reis de España, e durante o sesenta anos transcorridos, o eloxio foi unánime.

Os homes que dirixiron esta obra son: Miquel Utrillo i Morlius, de Barcelona, enxeñeiro industrial; Francesc Xavier Nogués i Casas, de Barcelona, debuxante, gravador e pintor; Francesc Folguera i Grassi, de Barcelona, arquitecto; Ramon Reventós i Farrarons, nacido tamén en Barcelona, arquitecto.

REPRODUCİÓN DAS MURALLAS DE ÁVİLA
REPRODUCİÓN: SANGÜESA (NAVARRA)

A gran viaxe

Para realizar esta obra era necesario facer unha viaxe por España para captar toda a beleza dos edificios, os ambientes, tomar nota das cores das pedras e ver todas as posibles solucións urbanísticas.

Expuxeron ao Concello a cuestión que foi aceptada e o consistorio comproulles un coche Hispano-Suízo, e mais catro homes: Miquel Utrillo, Ramon Reventós, Francesc Xavier Nogués e Francesc Folguera, e mailo chofer, emprenderon a primeira viaxe por ter toda a información precisa.

REPRODUCİÓN: PALACİO DOS CONTRERAS DE AYLLÓN (SEGOVİA)
REPRODUCİÓN: SİGÜENZA (GUADALAXARA), AYLLÓN (SEGOVİA), SANTİLLANA DEL MAR (CANTABRİA)

Prepararon a viaxe con toda a meticulosidade posible: un itinerario completo, con detalles de estradas, hostais recomendados…

Un deles, creo que foi Utrillo, o notario do grupo; fixo unha lista coas cousas que poderían ser útiles.


Cada un tenia unha tarefa encomendada, de acordo coa súa maneira de ser: así, Folguera, gran coñecedor da fotografía, faría de reporteiro gráfico; Xavier Nogués, por suposto, tomaría apuntamentos das cousas ou detalles, e tamén, cunha escala de cores previamente preparada, anotaría a cor de cada cousa; Utrillo, gran coñecedor das viaxes, indicaría a ruta para seguir, e Reventós, novo arquitecto, buscaría solucións i escollería os elementos máis adecuados.

 

REPRODUCİÓN: RÚA PRİNCİPE DE VİANA (PAÍS VASCO)
REPRODUCİÓN: VİRXE DOS FAROİS (CÓRDOBA)

O grupo demostrou, ao longo de máis de dous anos de convivencia diaria, un espírito de colaboración e un respecto ás opinións dos outros, e parece ser que se comportaron de maneira que se cumprise a lema: “Entre tots ho farem tot” (entre todos farémolo todo). Fixeron unha chea de fitografías, cóntase que máis de mil.

REPRODUCİÓN: SEGOVİA

O éxito do “Poble Espanyol” foi indiscutible, a xente quedaba pampa do encanto, os arquitectos e os dous artistas foron entrevistados por todos, pero eles fixeron moi poucos comentarios da viaxe, da vida social que fixeron, das incidencias vividas.

Só dixeron: “Si hem aconseguit que el Poble Espanyol es conegui millor, donarem per ben pagats els esforços fets.” (Se conseguimos que o “Poble Espanyol” coñecésese mellor, daremos por ben pagados os esforzos feitos).

Comentarios de Joan Doménech e Pol

REPRODUCİÓN: CORNUDELLA (TARRAGONA) - ESCOLA MASSANA

Despois desta gran viaxe, fixeron dúas viaxes máis para completar todos os detalles de cada aldea.

No “Poble Espanyol” hai un total de 117 casas reproducidas de toda España, cada unha coas súas diferentes peculiaridades, que os autores souberon captar con delicada minuciosidade.

REPRODUCİÓN: VALDEROBLES (TERUEL) - CONCELLO
REPRODUCİÓN: ESPALDANA DE GERİ DE SALT (XİRONA), BORJA (ZARAGOZA)

Todas elas teñen o seu encanto especial e mostreivos algunhas delas para que vos animedes a ver estas, se quixerdes (hai dúas reproducións de Ayllón), e mailo resto do “Poble Espanyol”.

REPRODUCİÓN: MOSTEİRO ROMÁNİCO
PRAZA MAİOR
INICIO VOLVER

Web creada por barcino.cat